Lorena Ballesteros

[00/00/0000]

A súa experiencia profesional como bailarina iniciouse en 1998, cando pasou a formar parte do corpo de baile da ópera Aída, que se representou no Teatro Real de Madrid. Ao ano seguinte repetiu experiencia e escenario coa ópera Orfeo e en 2000 con Celos aínda do aire matan. En 2001 pasou a integrar o Ballet Galego Rey de Viana.

Lorena realizou os Seminarios do Yorkshire Ballet de Londres (1993); en 1997 participou no Curso Internacional de Danza Alicia Alonso; e entre 1996 e 2000 recibiu o Curso Internacional de Danza da Asociación de Profesionais da Danza de Madrid. En 1999 matriculouse na Escola de Verán Víctor Ullate. Posúe os títulos de Grao Medio de Ballet Clásico do Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid e o Grao Medio de Danza Española concedido pola mesma entidade.