Alexis Fernández

[00/00/0000]

É profesor graduado pola Escola Nacional de Artes de Cuba e posúe unha dilatada carreira como bailarín. En 1994 foi bailarín convidado no Novo Ballet de Francia e ao ano seguinte pasou a integrar a Compañía de Danza Contemporánea de Cuba, da que formou parte até 1999.

En 2000 Alexis formou parte do Ballet Ecuatoriano de Cámara e até 2003 do Grupo Danza-Teatros de Cuba. En 2004 chegou á Coruña e pasou a formar parte de ExperimentaDanza e en 2006 pasou a integrar a Compañía Damián Muñoz Danza.

Durante estes anos Alexis Fernández recibiu un bo número de premios, entre eles: o 1º Premio de Interpretación Masculina no Festival Provincial de Danza de Cuba, en 1998; o 1º Premio no Concurso Coreográfico Escola Nacional Danza da Habana (1998); o 1º Premio Concurso UNEAC (1992); o premio Bento Danza Brasil en tres ocasións (1993, 1995 e 1997). En 2000 recibiu o 1º Premio no Festival Alas de Danza de Quito (Ecuador) e en 2005 o Premio Coreográfico, na modalidade de solos, Danza Calvia.