Cristina Miralles

[00/00/0000]

Está titulada en Danza Clásica polo Conservatorio Profesional de Danza do Instituto do Teatro de Barcelona, en 2000 conseguiu o 'Majors Advanced' da Royal Academy of Dance de Londres e en 2006 comezou a cursar estudos no Ballet Teaching Studies da mesma academia británica.

Foi bailarina do Ballet Galego Rey de Viana, do Instituto de Teatro de Barcelona, do Gran Teatro Liceu da mesma cidade coas óperas Turandot, Don Quijote e Sansón y Dalila. Cristina pasou a formar parte, en 2000, da compañía de danza contemporánea 9 Pas de Barcelona e dende 2002 a 2005 e foi profesora de Danza Creativa e Baile Contemporáneo na Universidade da Coruña.