Amparo Novas

[00/00/0000]

É Bailarina titulada pola Escola Profesional de Danza de Madrid (2002). Fixo diferentes cursos de danza con mestres/as da experiencia de Reynaldo Muñiz, Marianna Sedova, Cristianne Marchante, Ramón Oller, Gloria García, Víctor Ullate...

En 2004 realizou unha colaboración coa Compañía Sol Picó en Fitur (Madrid), tamén colaborou coa Compañía de Fernando Hurtado e ao ano seguinte integrouse como bailarina en Turandot, no Teatro Liceo de Barcelona.

En 2006 pasou a colaborar á Compañía ExperimentaDanza.