Matilde Pedreira

[00/00/0000]

Actuou no Festival de Danza Umbrella de Londres (1998), coa Compañía Danza Cumni Ballet Gwent (Gales) entre 1999 e 2000, coa compañía Dioden, tamén londinense, coa que participou en 2003 no Festival Resolution. Dende 2003 é profesora de danza clásica e contemporánea na Escola Danza Degas e en 2005 participou na II Mostra de Danza de Narón como coreógrafa e bailarina convidada.

No 1996 fixo danza contemporánea na London Contemporary Dance School e formouse tamén con profesionais do Ballet de Escocia, do Real Ballet e do Ballet Cidade de Londres. En 2001 fixo danza clásica no Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid e en 2002 recibiu clases profesionais de contemporánea no Centro Laban de Londres.