Ana Beatriz Pérez

[00/00/0000]

Formouse na Escola Nacional de Artes da Habana en danza moderna e folclórica.

En 1991 entrou a formar parte da Compañía de Danza Contemporánea de Cuba, participando en diferentes festivais de danza de La Habana, Ottawa, Toronto, Génova, Lisboa...

En 2001 colabora coa Compañía Druída Danza da Coruña. Ese mesmo ano recibiu o III Premio do Certame Coreográfico de Madrid con Trespasando. En 2003 recibiu tamén o terceiro premio no Certame Coreográfico de Galicia con Era, de Bárbara Monteagudo. En 2004 colabora con ExperimentaDanza.

En 2007 é premio á bailarina sobresaínte no Certame Coreográfico Galego.