Caterina Varela

[00/00/0000]

Formouse en danza clásica na Escola Baby Study da Coruña e en 1998 realizou o curso de verán de Víctor Ullate. Entre 2002 e 2006 realizou estudos de danza contemporánea con Armando Martén, Damián Muñoz, Chevy Muraday, Gema Díaz...

A súa experiencia como bailarina exténdese dende 2002 dentro da compañía ExperimentaDanza, coa que gañou o 2º Premio no III Certame de Creación Coreográfica de Madrid e o primeiro no XIX Certame Coreográfico de Madrid de 2005 e no Encontro de Novos Creadores de Póvoa de Varzim nos anos 2002 e 2003.