Iván Villar

[00/00/0000]

Estudou danza clásica na escola El Taller e danza contemporánea en Pasos. Ademais recibiu clases de fusión galega-contemporánea e de folclore galego na Escola de Danza Breogán.

Entre 1998 e 2005 foi bailarín do Ballet Galego Rey de Viana, e nese último ano pasou a ser bailarín no Palacio da Ópera da Coruña coa zarzuela Xigantes e cabezudos.

Dende 2001 a 2003 impartiu clases de Danza Tradicional na Universidade da Coruña e até 2005 foi mestre de baile tradicional na Escola de Danza Falcatrueiros de Monterroso. Na disciplina tradicional foi, ademais, na que Iván conseguiu os primeiros premios no Certame do Día da Muiñeira de Cee e de Agrupacións Folclóricas de Negreira.