O secretario xeral de Cultura e o director da Agadic re˙nense coa nova directiva da asociaciˇn Escena Galega

  No primeiro encontro mantido con Belén Pichel, Mercedes Castro e Xesús Ron tratáronse asuntos relacionados co desenvolvemento do sector teatral

O secretario xeral de Cultura e o director da Agadic re˙nense coa nova directiva da asociaciˇn Escena Galega
[15/07/2015]
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, recibiron esta mañá en Santiago de Compostela os representantes da nova xunta directiva da asociación Escena Galega, cos que mantiveron unha primeira xuntanza sobre asuntos relacionados co desenvolvemento do sector teatral en Galicia.

Por parte de Escena Galega acudiron ao encontro a presidenta deste colectivo, Belén Pichel, así como a vicepresidenta, Mercedes Castro, e mais o vogal Xesús Ron. Os tres profesionais accederon o pasado 30 de xuño á dirección de Escena Galega, órgano que completan Areta Bolado como secretaria, Tatán Cunha como tesoureiro e os tamén vogais Artus Trillo e Xoque Carbajal.

Escena Galega agrupa na actualidade un total de 33 compañías de teatro e danza con sede en Galicia. O seu traballo asociativo en defensa dos intereses do sector acaba de ser recoñecido co Premio de Honra 'Roberto Vidal Bolaño' ao mérito nas artes escénicas, galardón que lle será entregado este sábado 18 de xullo durante o acto de inauguración da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

-Web de Escena Galega