A Xunta de Galicia participa no acto de lanzamento da Feira do Libro de Bos Aires 2016, con Santiago de Compostela como cidade convidada

A Xunta de Galicia participa no acto de lanzamento da Feira do Libro de Bos Aires 2016, con Santiago de Compostela como cidade convidada
[01/09/2015]
A Biblioteca Nacional de Arxentina acolleu onte a presentación do evento, no que interviron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, en representación da Consellería de Cultura e Educación e o ministro de Cultura da Cidade de Bos Aires, Hernán Lombardi, entre outros responsables culturais galegos e arxentinos.

Tamén participaron o presidente e mais o director institucional e cultural da Fundación El Libro, Martín Gremmelspacher e Oche Califa, respectivamente; e o director da Biblioteca Nacional, Horacio González.

A cuadraxésimo segunda edición da feira, que terá como protagonistas o libro e o sector editorial galegos, celebrarase do 21 de abril ao 9 de maio de 2016 na capital arxentina.