O director da Agadic entregou na clausura do FICBueu o premio á mellor curtametraxe galega a 'Unary', de Luís Avilés

O director da Agadic entregou na clausura do FICBueu o premio á mellor curtametraxe galega a 'Unary', de Luís Avilés
[13/09/2015]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais asistiu á gala de clausura da oitava edición do Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) de Bueu, que se desenvolveu a pasada noite na localidade pontevedresa. Jacobo Sutil Fiixo entregou o premio á mellor curta galega, que recaeu en 'Unary', do director ourensán Luís Avilés.

O filme gañador do certame foi o alemá 'Nashorn im Galopp', de Erik Schmitt. O segundo premio recaeu na cinta xeorxiana 'Dinola', de Mariam Khatchavni e o premio do público foi para 'El corredor', do director español José Luis Montesinos.

-Web do FICBueu