O CGAI inicia a s˙a nova programaciˇn bimestral cunha panorßmica do cineasta escocÚs Norman McLaren

  A retrospectiva dedicada a este autor de animación experimental desenvolverase entre o 3 e o 6 de novembro na sede da filmoteca na Coruña

  As obras de creadores tan pouco difundidos no mercado español como Tscherskassky, Jorgen Leth, Di Tella ou Vecchiali terán tamén os seus monográficos

  As extensións de carteleiras en Vigo e Ourense e as novas entregas das seccións Fóra de Serie, Desencadres, Off Galicia e CGAI Júnior completan a actividade ata finais de ano

O CGAI inicia a s˙a nova programaciˇn bimestral cunha panorßmica do cineasta escocÚs Norman McLaren
[01/11/2015]
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia o vindeiro martes día 3 a súa nova programación bimestral novembro-decembro cunha panorámica da obra de animación experimental asinada polo cineasta escocés Norman McLaren.

A súa sede na Coruña acollerá ata o venres 6 un total de catro sesións realizadas en colaboración co Museo da Universidade de Navarra e co National Film Board de Canadá, nas que se proxectarán máis de trinta pezas audiovisuais (a meirande parte delas de recente restauración en soporte dixital) dirixidas ou codirixidas por este autor de culto.
 
A de McLaren será a primeira cita monográfica da nova carteleira, na que tamén terán protagonismo os ciclos de Andrés Di Tella (do 10 ao 14 de novembro),Peter Tscherskassky (19 e 20 de novembro), Paul Vecchiali (do 24 de novembro ao 1 de decembro) e Jorgen Leth (do 9 ao 11 de decembro). Trátase dunha selección de autores unidos polo denominador común da súa escasa difusión no mercado español e dos seus traballos experimentais en distintas correntes estilísticas e xéneros: desde o ‘Found-Footage’ ata a ficción herdeira da Nouvelle Vague, pasando pola creación documental en primeira persoa.
 
Ademais, e baixo o título Comedias Ealing (I), exhibiranse do 16 ao 18 de novembro tres películas dirixidas por Alexander MacKendrick (‘Whisky a go-go’, ‘El hombre vestido de blanco’ e ‘El quinteto de la muerte’) como avance do ciclo que continuará no mes de xaneiro con ‘Ocho sentencias de muerte’, ‘Pasaporte para Pimlico’, ‘Oro en barras’ e ‘Los apuros de un pequeño tren’.
 
Off Galicia, CGAI Júnior, Desencadres e Fóra de Serie
Xunto a estas retrospectivas, a programación complétase coas seccións habituais presentes no calendario anual. Así, Off Galicia ofrecerá unha escolma de películas do programa didáctico Cine en Curso (7 de novembro), a segunda parte do proxecto Nimbos (21 de novembro) e o documental ‘Urbano Lugrís. A travesía do océano’ (19 de decembro). Pola súa banda, CGAI Júnior dará cabida á serie de curtametraxes ‘Paso a paso’ (28 de novembro) e ao clásico de Miyazaki ‘Mi vecino Totoro’ (12 de decembro), en tanto que Desencadres revisitará a obra de Stan Brakhage a través da serie ‘Songs’ (5 de decembro) e Fóra de Serie abordará a serie televisiva de Bruno Dumont ‘El pequeño Quinquín (17 e 18 de novembro), a longametraxe de Jonás Trueba ‘Los exiliados románticos’ (2 de decembro), o último filme de Alain Resnais, ‘Comer, beber, amar’ (3 de decembro), ‘Mauro’ de Hernán Rosselli (15 de decembro) ou os clásicos ‘Sayat Nova’, de Sergei Parajanov, (4 de decembro) e ‘My Fair lady’, de George Cukor (22 e 23 de decembro).
 
Tamén en Vigo e en Ourense
O Centro Galego de Artes da Imaxe continuará tamén neste bimestre coa extensión da súa programación fóra da Coruña, que leva a cabo de xeito coordinado no Cineclube Padre Feijoo de Ourense e no Cineclub Lumière de Vigo. En Ourense, as proxeccións previstas terán lugar os días 9 e 30 de novembro e 14 de decembro na Biblioteca Pública Nodal, mestres que en Vigo será o Auditorio Municipal o espazo que exhiba as fitas facilitadas polo CGAI os días 10 e 24 de novembro, e o 1, 15, 22 e 29 de decembro.
 
O calendario detallado coas datas e horarios das diferentes sesións, así como a información sobre prezos e venda de entradas, está dispoñible para a súa consulta na páxina web www.cgai.org.

[Na imaxe, fotograma de 'Pas de Deux', de Norman McLaren]

-Programa completo