Roberto Oliván

[00/00/0000]

Roberto Oliván nace en Tortosa (Tarragona) o 12 de novembro de 1972.

Formouse como bailarín entre os anos 1992 e 1994 no Institut del Teatre de Barcelona e entre os anos 1994 e 1996 na P.A.R.T.S. (Performing Arts Research and Training Studios) de Bruxelas (Bélxica).

Bailarín de Rosas Dance Company, director artístico Anne Teresa de Keersmaker Bruxelas (Bélxica) entre os anos 1997 e 2000 participando nos espectáculos: Just before (1997), Woud e Drumming (1998), I said I e Achterland no 1999 e In real time no 2000.

En Abril de 2003 funda a compañía Roberto Oliván Enclave Dance Company en Bruxelas coa que ten presentado os espectáculos De farra (2003) e Homeland (2006).

Como coreógrafo e profesor ten impartido clases, obradoiros e/ ou ten feito creacións para P.A.R.T.S., Rosas, Needcompany, Danscentrum Jette, Teatro Central de Sevilla, Institut del Teatre de Barcelona, 1x2x3 asbl Fatou Traore, Feria Música, The Royal Ballet School of Antwerp (Bélxica), École Supériore des Arts du Cirque (ESAC), Korean National University of Arts (Corea do Sur), Iceland Dance Company, Icealnd Academy of Arts, Vértigo Dance Company... E ten impartido clases de repertorio da compañía Rosas en Johanesburgo, Soweto, Bos Aires, Bruxelas e Caracas.

Roberto Oliván é tamén o Director Artístico do Taller Internacional de Danza Contemporánea de Tortosa desde o ano 2004. Este obradoiro celébrase anualmente no mes de xullo e nel participan bailaríns e estudantes que proveñen de todo o mundo.