O Salón Teatro acolleu a lectura dos finalistas aos Mestre Mateo, para os que parten como favoritos 'O descoñecido', 'Lobos sucios' e 'Hospital Real'

  'O Descoñecido' obtivo 15 nominacións, 'Lobos Sucios' 14 e 'Hospital Real' 11

  O nome dos gañadores coñecerase na gala que terá lugar o 23 de abril no Pazo da Ópera de A Coruña

O Salón Teatro acolleu a lectura dos finalistas aos Mestre Mateo, para os que parten como favoritos 'O descoñecido', 'Lobos sucios' e 'Hospital Real'
[14/03/2016]
O Salón Teatro de Santiago acolleu hoxe a presentación das obras e artistas finalistas da décimo cuarta edición dos Premios Mestre Mateo, que organiza a Academia Galega do Audiovisual co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación, entre outras entidades.
A Academia deu a coñecer esta listaxe de candidaturas no transcurso dun acto conducido por Mabel Rivera e Antonio Durán "Morris", e no que tamén participou o presidente da AGA, Carlos Ares.
 
Trala primeira rolda de votacións, as longametraxes 'O Descoñecido' (15 candidaturas) e 'Lobos Sucios' (14) e a serie de televisión 'Hospital Real' (11) parten como favoritos na carreira cara á gala de entrega destes premios, que cada ano revisan a produción audiovisual deita en Galicia. Por número de finalistas tamén destacan a serie de televisión 'Serramoura' (7) e a longametraxe 'Las altas presiones' (5).
 
 
Os membros da Academia Galega do Audiovisual iniciarán a partir deste momento unha segunda rolda de votacións para elixir aos gañadores en cada categoría. Os resultados serán dados a coñecer na gala que terá lugar o 23 de abril no Pazo da Ópera de A Coruña.
 
ACTUALIZACIÓN:
[17/03/2016] A Academia Galega do Audiovisual comunica que un erro notarial no reconto dos votos para a elección dos finalistas alterou os resultados anunciados o día 14 de marzo. Nesta ligazón pode consultarse a listaxe corrixida de traballos e profesionais finalistas aos XIV Premios Galegos do Audiovisual: https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/nomeados-da-xiv-edicion-dos-premios-mestre-mateo/