Mercedes Peón

[00/00/0000]

Cantante e gaiteira, actualmente é unha das voces máis importantes de Galicia. Despois de recorrer durante dez anos as aldeas galegas recollendo a herdanza oral presentou no programa da Televisión de Galicia Luar o froito da súa investigación.

Gravou por primeira vez no primeiro álbum de Xosé Manuel Budiño, onde interpretou tres temas, marcando así o comezo da complicidade entre os dous músicos.

Creou o grupo Ajrú, do que a única gravación está no recompilatorio Naciones Celtas II e continou a colaborar con varios artistas (coma Os Diplomáticos de Monte Alto ou Mano Negra) antes de gravar o seu primeiro traballo en solitario, Isué. Este disco recibiu o premio como Mellor Disco do ano 2000 pola revista Folkworld e unha nominación como mellor artista do ano na radio BBC 3.

En 2003 volveu co seu segundo disco, Ajrú, que confirmou o seu ímpetu no mundo da exploración e da difusión da herdanza. Sihá, en 2007, é un traballo máis recente, recibiu numerosos premios, entre eles: Mellor Artista do ano polo magazine Folkworld, foi finalista a Mellor Artista de Europa na sección de World Music, entrou no top ten das listas Songline, recibiu o Premio Opinión 2005 e foi Galega do Ano, tamén en 2005.