Ana Beatriz Pérez Enríquez

[00/00/0000]

Nace na Habana en 1972. Titulada como bailarina e profesora na especialidade de danza Moderna e Folclórica pola Escola Nacional de Artes de La Habana (1991). Forma parte da Compañía Nacional de Danza de Cuba no ano 1991.

Recibiu numerosos premios, entre eles: o 1º premio do V Certame Internacional de Coreografía Burgos & Nova York como bailarina e coreógrafa por La cuenca de tus ojos (2006) pola que tamén ten recibido o 1º premio do IV Certame de Creación Coreográfica de Galicia.Ten participado en numerosos festivais en La Habana, Otawa e Toronto (Canadá), Génova, Lisboa, Tolousse, Düsseldorf, A Coruña.

No ano 2001 trasládase a Coruña invitada pola compañía Druída Danza. Impartiu cursos e talleres intensivos de coreografía, danza contemporánea, danzas afrocubanas e mantemento corporal.