Álvaro Esteban López

[00/00/0000]

Titulado polo Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid, diplomado en Quiromasaxe e masaxe deportiva e licenciado en Ciencias da actividade física e do deporte polo INEF de Madrid.

Realizou seminarios permanentes de expresión corporal e danza vertical. Clases de clásico con Ana Baselga, Víctor Álvarez e Silvia Mira e de contemporáneo con Pedro Beräyes, José Reches , Cristine Tanguay.

Bailarín na ópera Macbeth dirixida por Gerardo Vera, nos filmes Los dos lados de la cama de Emilio Martínez Lázaro, e Fados de Carlos Saura.

Foi bailarín das compañías Larumbe Danza e Trasdanza e formou parte de varios obradoiros coreográficos do Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid, ademais de participar no Festival 3 D danza no Centro de Novos Creadores.

Entre 2000 e 2005 forma¡ou parte do elenco do grupo Corps realizando diferentes montaxes que inclúen a danza vertical.