Anna Calsina Forrellad

[00/00/0000]

Nace en Sabadell en 1987. Desde o ano 1994 até o 2001 estuda na escola Ritmo de Sabadell. Desde o 2002 até o 2005 cursa estudos de ballet clásico e contemporáneo na Academia Eulàlia Blasi de Barcelona adscrita ao Institut del Teatre de Barcelona.

Realizou cursos con Joe Alegado, Ramón Oller, Iñaki Azpillaga, Tatiana Yerojovets, Matilde Van de Meerendonk e no festival de danza Impulstanz de Viena.

Participa no 34 congreso internacional de rítmica no Instituto Jacques Dalcroze de Xenebra en xullo de 2007 e no festival Internacional de danza Impulstanz en Viena. Na actualidade está a realizar o 6º curso de danza contemporánea no Institut del Teatre de Barcelona.