Jordi Vilaseca Lorite

[00/00/0000]

Graduado polo Conservatorio Profesional de Danza (Institut del Teatre) de Barcelona en 2002. Ten realizado clases con: Bárbara Kasprowich, Mauro Galindo, Elena Barcheva, Marta Munsó, José María Escudero, Keith Morino, Avelina Argüelles, Ramón Oller, Joan Boix, Rodolfo Castellanos, Jeanie Solan, Matilde Van der Meerendonk, Pepe Hevia, Karemia Moreno.

No 2002 obtén unha bolsa do Instituto Superior de Danza "Alicia Alonso" e tamén o premio do público da 6ª competición cidade de Castellón na categoría de contemporáneo así como o premio especial na 1ª competición internacional de danza moderna Burgos-Nova York nese mesmo ano.

Traballou coas seguintes compañías: Metros, Lanomina Imperial, Norrdans, SYBAA, PlanB, Steptex Dance Company.