Ruth D. Pereira

[00/00/0000]

Ruth D. Pereira (Ourense, 1972) é deseñadora de vestiario e figurinista de teatro, cine e televisión.

En teatro realizou traballos para, entre outras compañías: o Centro Dramático Galego, Sarabela Teatro e Sapristi Teatro. Deseña tamén o vestiario do espectáculo Vacuo, primeira produción propia do Centro Coreográfico Galego dirixida por Maruxa Salas e da peza Caracola de Neodans.

Entre os seus traballos para televisión, cine e publicidade destaca a súa participación na serie de época da Televisión de Galicia As leis de Celavella, pola que recibiu o Premio ao Mellor Deseño de Vestiario nos anos 2003, 2004 e 2005.

En 2007 recibiu o Premio Biznaga de Prata no Festival de Cine de Málaga ao Mellor Deseño de Vestiario pola película El menor de los males de Antonio Fernández.