A Consellería de Cultura e Educación apoia a Vía Láctea Filmes na preestrea coruñesa de 'Sicixia'

  O novo filme, de produción galega e en galego, pon en valor a Costa da Morte e a Rapa das Bestas

  Conta co apoio económico da Agadic e coa colaboración da Cidade da Cultura de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación apoia a Vía Láctea Filmes na preestrea coruñesa de 'Sicixia'
[18/09/2016]
A Consellería de Cultura, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e no director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañaron esta mañá o director de cine Ignacio Vilar na preestrea coruñesa da súa nova longametraxe 'Sicixia', á que tamén asistiu Beatriz G. Loroño, directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Este novo filme de Vía Láctea, de produción galega e en galego, conta co apoio económico da Agadic e coa colaboración da Cidade da Cultura, na que foron rodadas varias escenas. Pon en valor emprazamentos emblemáticos como a Costa da Morte e outros eventos de interese turístico e cultural como a Rapa das Bestas, unha das nove festas galegas de Interese Turístico Internacional.

-Web de Vía Láctea Filmes