O Festival Internacional de Creación Musical Contemporáea 'Vertixe Sonora' presentará sete estreas mundiais en Pontevedra e Vigo

  O encontro arrancará o 13 de outubro e desenvolverá ata decembro un programa de nove concertos e actividades paralelas de divulgación arredor deste ámbito

  É a última cita no calendario dos 13 festivais profesionais de música subvencionados este ano pola Agadic

O Festival Internacional de Creación Musical Contemporáea 'Vertixe Sonora' presentará sete estreas mundiais en Pontevedra e Vigo
[10/10/2016]
O Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea ‘Vertixe Sonora’ inicia este xoves a súa cuarta edición, na que Pontevedra se suma a Vigo como sede dos concertos e actividades paralelas que terán lugar ata decembro. Esta é, ademais, a última cita no calendario dos 13 festivais de música subvencionados este ano pola Agadic.

Sete estreas mundiais e a presenza de artistas de referencia neste ámbito musical destacan na súa carteleira de 2016, que ofrece un total de nove concertos. O obxectivo é servir de plataforma para a difusión da actualidade sonora neste ámbito e a creación de públicos para a música contemporánea, apostando polo diálogo co resto das artes. Con esta programación péchase, ademais, o calendario
 
Músicas en feminino
Ademais de promover o festival, Vertixe Sonora Ensemble protagonizará a primeira das propostas o día 13, ás 20.30 h, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Baixo o título ‘Coma espellos dun caleidoscopio’, o festival achegarase ás músicas en feminino a través dun programa comisariado por Elena Rykova, que presentará cinco compositoras e artistas sonoras de diferentes países, ademais de contar coa colaboración da poetisa María do Cebreiro. Xa o 3 de novembro, a formación galega estreará varias pezas do compositor brasileiro Januibe Tejera.
 
O IV Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea será, así mesmo, o escenario da presentación en España o 28 de outubro do dúo de viola e acordeón Desjardins-Anzelloti, referencia mundial na interpretación destes instrumentos, así  como do Kammarensemblen – KeN de Suecia (5 de novembro), do Oh Ton Ensemble de Alemaña (12 de novembro) e o Proyecto OCNOS de Sevilla (27 de novembro).
 
A programación tamén lle dedica espazo á ciencia, recreando o instrumento de síntese acústica do físico Rudolph Koenig  mediante unha colaboración en exclusiva co Institut für Technikgeschichte da Universidade Técnica de Darmstadt para a estrea absoluta, o 11 de decembrro a cargo de Vertixe Sonora Ensamble, de ‘Droit sur les cloches’, de Eduardo Moguillansky. Esta mesma formación conmemorará o 19 de novembro o segundo centenario da erupción do volcán Tambora, que deu lugar ao denominado ‘ano sen verán’, coa estrea de varias pezas.
 
En paralelo, continuará o labor de divulgación que a organización desenvolve a través dos programas ‘Música por dentro’ e ‘Proxecto Alien’, en colaboración con diversas entidades educativas, e promoverá unha nova edición do Foro Internacional cAuSal xunto co Departamento de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo e o Grupo de Investigación Dx7 da Universidade de Vigo.

-Web do festival