O programa trimestral 'Venres Culturais' do Pazo da Cultura de Carballo inclúe 11 espectáculos da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O programa trimestral 'Venres Culturais' do Pazo da Cultura de Carballo inclúe 11 espectáculos da Rede Galega de Teatros e Auditorios
[25/01/2017]
O director da Agadic, Jacobo Sutil, participou hoxe en Carballo na presentación de 'Venres Culturais', o programa trimestral do Pazo da Cultura, que inclúe espectáculos infantís, teatro de adultos, concertos e exposicións. Como parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios, insírense nove funcións neste calendario. 

Así, os últimos espectáculos das compañías galegas Ibuprofeno Teatro (con 'Raclette' o 3 de febreiro); Teatro de Ningures (con 'Unhas poucas picadelas' o 17 de febreiro); Talía Teatro (con 'Ubú Rei' o 10 de marzo); Voadora (con 'Soño dunha noite de verán' o 24 de marzo); Producións Teatrais Excéntricas (con 'A cabeza do dragón' o 31 de marzo); compartirán escenario coas propostas para nenos e nenas de Sarabela Teatro (con 'O  secuestro da bibliotecaria' o 12 de febreiro), Galitoon (con 'Güela güela' o 12 de marzo);  así como coa proposta de novo circo asinada por La Güasa o 26 de marzo ou co concerto de Caxade, que terá lugar o 10 de febreiro.

O director da Agadic compartiu o acto co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e co concelleiro de Cultura Marcos Trigo, así como con Artur Trillo e Quico Cadaval e José Díaz, en representantes dalgunhas das compañías protagonistas.

-Programa 'Venres Culturais' de Carballo