Os XXI Premios María Casares recoñecen a valía dos profesionais do teatro galego

Os XXI Premios María Casares recoñecen a valía dos profesionais do teatro galego
[30/03/2017]
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compartiu cos profesionais do teatro galego a gala de entrega dos XXI Premios María Casares, organizados pola Asociación de Actores de Actrices de Galicia (AAAG) co apoio, entre outras entidades, da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). 
O evento celebrouse no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e a el asistiron tamén o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o director da Agadic, Jacobo Sutil.
 
O conselleiro quixo felicitar a todos os que viron o seu traballo recoñecido ao seren nomeados a estes galardóns e salientou a valía de todas as candidaturas presentadas, candidaturas de 44 espectáculos e preto de 400 profesionais. Cómpre sinalar que, neste marco, entregóuselle tamén o Premio de Honra Marisa Soto ao dramaturgo e director Eduardo Alonso.

-Listaxe completa de galardoados