A Agadic clausura Augal 2017 coa entrega de diplomas aos 130 alumnos participantes

A Agadic clausura Augal 2017 coa entrega de diplomas aos 130 alumnos participantes
[03/05/2017]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o vicerreitor da Universidade de Vigo para o Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho, presidiron hoxe en Pontevedra o acto de entrega de diplomas que puxo fin á edición de 2017 de Augal, o ciclo de master class do audiovisual galego.

Organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, un total de 130 alumnos e alumnas participaron desde o 15 de marzo nesta sexta edición de Augal, que despois de ter realizado cinco sesións lectivas chegou esta tarde ao seu remate coa proxección do filme de animación ‘Psiconautas’ seguida do coloquio co seu codirector e coguionista, o coruñés Alberto Vázquez.