O CDG apoia a participacion de Santiago Cortegoso no torneo de dramaturxia do Teatro Espa˝ol de Madrid

  Colabora nesta iniciativa lúdica, desenvolvida pola produtora LaZona, na que o dramaturgo galego competirá con outros sete autores do resto do Estado

  O público elixirá o texto gañador entre os oito creados ex professo para este certame, que se celebrará todos os venres desde hoxe e ata o 16 de xuño en roldas eliminatorias con combates Ĺdous a dousĺ

 O CDG apoia a participacion de Santiago Cortegoso no torneo de dramaturxia do Teatro Espa˝ol de Madrid
[05/05/2017]
O Centro Dramático Galego (CDG) colabora co I Torneo de Dramaturgia do Teatro Español de Madrid para apoiar a participación do galego Santiago Cortegoso como un dos oito dramaturgos desta experiencia lúdica, que arranca esta mesma noite na Sala Margarita Xirgu co obxectivo de darlle visibilidade aos autores teatrais.

A iniciativa, ideada polo tamén dramaturgo Jordi Casanovas e desenvolvida pola produtora LaZona, chega por vez primeira a Madrid tras terse realizado durante seis anos no Festival Temporada Alta de Xirona. Nesta ocasión, xunto con Santiago Cortegoso, foron seleccionados Ignacio del Moral, Lourdes Ortiz, Marta Buchaca, Lola Blasco, Carolina Román e Yolanda García Serrano como destacados representantes do seu ámbito a nivel estatal. Todos eles crearon os seus textos ex professo para o torneo, cunha duración aproximada de 45 minutos e dous personaxes en cada caso.
 
A prioridade é achegarlle ao público o traballo destes creadores a través de combates de dramaturxia ‘dous a dous’ en tres roldas: cuartos de final, semifinais e final. Serán sete as sesións que se desenvolverán todos os venres, ás 22,00 h., desde hoxe e ata o 16 de xuño.
 
Votación do público
A participación do público nesta iniciativa é imprescindible, xa que ademais de ter a oportunidade de asistir á primeira lectura de textos de recoñecidos autores actuais, será o que elixirá o gañador do I Torneo de Dramaturgia. Así, en cada eliminatoria ou combate leranse dous textos e os espectadores decidirán co seu voto cal deles pasa á seguinte fase.
 
Autor e director de escena, Santiago Cortegoso conta con numerosos recoñecementos polos seus textos teatrais, que foron levados a escena tanto pola súa compañía, Ibuprofeno Teatro, como por outras formacións galegas. Con Raclette obtivo, por exemplo, o Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais (2014) e o Premio María Casares de ao Mellor Texto Orixinal (2017), ademais de estar nomeado aos próximos Premios Max de las Artes Escénicas por partida dobre: mellor autoría e dirección. O seu primeiro combate no Torneo de Dramaturgia será con Ignacio del Moral.
 
A colaboración do CDG oriéntase a promover a presenza galega neste evento como parte das diferentes iniciativas de apoio á dramaturxia galega actual, impulsadas pola compañía pública baixo o epígrafe DramatUrxente.

-Máis información no web do Teatro Español