O director da Agadic recibe a nova directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

O director da Agadic recibe a nova directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
[02/11/2017]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, reuníuse hoxe cos representantes da nova xunta directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), que encabeza   como presidenta a actriz Nieves Rodríguez desde a súa elección en asemblea xeral o pasado 22 de outubro.

Na xuntanza, que serviu de presentación e de actualización de asuntos relativos ao sector, participaron tamén Mabel Rivera e Toni Salgado, vicepresidenta e  vogal da AAAG, respectivamente.   

A AAAG, creada no ano 1985, é unha entidade sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia que agrupa os actores e actrices de Galicia, así como os directores e directoras teatrais. Está integrada, ademais, na Confederación de Artistas-Trabajadores del Espectáculo (ConArte). Cada xunta directiva é elixida entre os seus membros por un período de dous anos.

-AAAG