A Academia Galega do Audiovisual fai públicas as candidaturas aos Premios Mestre Mateo 2018

A Academia Galega do Audiovisual fai públicas as candidaturas aos Premios Mestre Mateo 2018
[07/02/2018]
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e mais o director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañaron hoxe a directiva da Academia Galega do Audiovisual (AGA) no acto de comunicación de finalistas que concorren aos XVI Premios Mestre Mateo. Os galardóns serán entregados o 3 de marzo na Coruña nunha gala que conta co apoio da Xunta de Galicia.

O filme Dhogs, de Andres Goteira, producido cunha subvención da Agadic á promoción do talento audiovisual galego, suma 17 candidaturas en 14 categorías das 25 convocadas, polo que resultou ser o traballo máis votado entre os 158 títulos presentados. A estación violenta, con oito candidaturas; O final do camiño e Os fillos do sol, con sete cada unha; Serramoura, con seis; e Juana de Vega, vizcondesa do arado e máis Trinta lumes, cada unha con cinco, son outras das fitas que obtiveron maior apoio nesta primeira fase de votacións por parte dos membros da AGA.

-Listaxe completa de finalistas aos XVI Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego