Vaca Films inicia a rodaxe en Galicia do filme subvencionado pola Xunta 'Quien a hierro mata'

Vaca Films inicia a rodaxe en Galicia do filme subvencionado pola Xunta 'Quien a hierro mata'
[04/04/2018]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, asistiu hoxe na Coruña á presentación do inicio da rodaxe de ‘Quien a hierro mata’, filme de Vaca Films e Atresmedia Cine que conta cunha subvención de 240.000 euros a través da liña de axudas da Xunta a producións e coproducións audiovisuais.

A Coruña e Cambados achegan a meirande parte dos escenarios a esta historia de narcotráfico, dramas familiares e vinganza, que dirixe Paco Plaza con guión de Juan Galiñanes e Jorge Guerricaechevarría, e interpretan Luis Tosar, Xan Cejudo e María Vázquez, entre outros.
 
A Agadic vén apoiando este proxecto desde o mesmo momento da súa posta en marcha, cando en 2016 obtivo unha axuda de preto de 20.000 euros para levar a cabo a fase de preprodución.