Pistacatro abre con teatro infantil a programaciˇn en Santiago do ciclo da Xunta Cultura no Cami˝o

  O espectáculo ĹRojoĺ, que se representa o día 1 na Quintana, será a primeiras das cinco citas compostelás desta iniciativa, organizada pola Agadic e Turismo de Galicia en colaboración co Concello de Santiago e outros 102 municipios das rutas xacobeas

  A carteleira na capital de Galicia concéntrase no mes de agosto con teatro para público familiar, novo circo e danza

Pistacatro abre con teatro infantil a programaciˇn en Santiago do ciclo da Xunta Cultura no Cami˝o
[30/07/2018]
A sexta edición do ciclo Cultura no Camiño, promovido pola Xunta en colaboración con 103 concellos das rutas xacobeas, chega este mércores 1 de agosto a Santiago co espectáculo de teatro infantil Rojo, de Pistacatro, ás 19,30 h. na praza da Quintana. O programa, organizado pola Agadic e Turismo de Galicia, co patrocinio de Gadis.

Desde o pasado mes de abril e ata finais de setembro, desenvolveranse 342 citas escénicas e musicais coas que se intensifica a vida cultural dos municipios participantes no período de maior auxe das peregrinacións. En Compostela, a oferta de Cultura no Camiño concéntrase no mes de agosto, durante o que se levarán a cabo cinco actuacións de teatro para público familiar, novo circo e danza. Tras a posta en escena desta semana, o martes 14 será a quenda de Cía Catropés con Animacreques, un espectáculo teatral de rúa que percorrerá desde as 13,00 h. a zona monumental cos seus monicreques e zancudos.
 
O mércores 22 Pistacatro regresará á Quintana, desta volta coa montaxe de novo circo Espera, na que convida o público a vivir de preto as súas acrobacias. Os artistas da compañía compostelá estarán no mesmo lugar o mércores 29 con Oh Olimpiadas! Para achegarlles aos espectadores o seu particular mundo circense rexido polo absurdo.
 
A praza da Quintana tamén acollerá a peza de danza Give it a Spìn, coa que Pisando Ovos pechará o venres 31 a carteleira desta sexta edición do ciclo da Xunta en Santiago. Como todas as actuacións do programa neste espazo, a función terá lugar ás 19,30 h.
 
O calendario de actuacións está dispoñible para a súa consulta no web da Agadic, así como na sección de axenda da páxina de Cultura da Xunta de Galicia.