Ata sempre, Ernesto

Ata sempre, Ernesto
[06/08/2018]
Foise Ernesto Chao, pioneiro e referente da escena e do audiovisual galegos tanto pola súa longa e prestixiosa traxectoria actoral, como pola súa implicación co sector en diferentes frontes: a dirección do Centro Dramático Galego (CDG) entre 1986 e 1987 ou a presidencia da Asociacion de Actores e Actrices de Galicia en 2016 e 2017, entre elas.

A dirección e o persoal da Axencia Galegas das Industrias Culturais e do CDG compartimos a dor polo seu pasamento con Rosa, co noso compañeiro Mauro e co resto da súa familia e achegados, así como con todos os que sentimos gran pesar pola súa perda. Ata sempre, Ernesto.

Na imaxe, Ernesto Chao nunha escena de 'O profesional' (2012), do Centro Dramático Galego.

-Centro Dramático Galego
-Asociación de Actores e Actrices de Galicia