A Rede Galega de Teatros e Auditorios celebra a súa asemblea xeral coa ollada posta nun novo modelo de xestion

A Rede Galega de Teatros e Auditorios celebra a súa asemblea xeral coa ollada posta nun novo modelo de xestion
[16/10/2018]
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) reuniu hoxe na Cidade da Cultura de Galicia os responsables dos espazos integrados na Rede Galega de Teatros e Auditorios con motivo da asemblea xeral deste circuíto, na que –entre outros temas– se abordou a próxima posta en marcha do seu novo modelo de xestión.

A avaliación técnica dos escenarios asociados levada a cabo pola Agadic e os prazos para elaborar a programación escénica e musicais do primeiro semestre de 2019, a partir das propostas artísticas que se inscriban ata este xoves 18, foron outros dos temas tratados na xuntanza.
 
Na actualidade, forman parte desta rede de exhibición de espectáculos 44 escenarios de 39 localidades, que suman máis de 19.000 butacas e fan deste un dos principais circuítos para a exhibición da produción escénica galega de carácter profesional, que ao finalizar este ano 2018 terá ofrecido 600 funcións. A súa financiación é asumida entre a Xunta e as entidades xestoras dos teatros e auditorios.