O conselleiro de Cultura e Turismo recibe os participantes galegos e internacionais do programa audiovisual EAVE

O conselleiro de Cultura e Turismo recibe os participantes galegos e internacionais do programa audiovisual EAVE
[24/10/2018]
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, mantiveron na Cidade da Cultura un encontro cos profesionais galegos e internacionais que participan no programa EAVE (European Audiovisual Entrepeneurs), un prestixioso encontro formativo de carácter itinerante, que se desenvolve estes días en Santiago de Compostela co apoio da Xunta de Galicia.

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Agadic, colabora coa asociación luxemburguesa organizadora na celebración deste evento na capital de Galicia, así como na súa apertura ao sector audiovisual galego co fin de lles brindar aos nosos profesionais a oportunidade de afondar en materias como o financiamento e a xestión de coproducións internacionais.Esta colaboración posibilita, así mesmo, que tanto o equipo pedagóxico como os Decision Makers convidados entren en contacto directo coa industria audiovisual galega, ao tempo que se lle abre ao noso sector a oportunidade de se achegar a esta rede internacional de intercambio formativo e profesional e, en consecuencia, de reforzar conexións coa industria europea.

-Eave