Culturgal acolle a entrega dos premios da Agadic Álvaro Cunqueiro e Manuel María a AveLina Pérez e Paula Carballeira

Culturgal acolle a entrega dos premios da Agadic Álvaro Cunqueiro e Manuel María a AveLina Pérez e Paula Carballeira
[02/12/2018]

Culturgal, a feira das industria culturais que se celebra desde o venres en Pontevedra, foi hoxe o escenario do acto de entrega dos premios literarios convocados pola Agadic. No caso do XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, a gañadora foi AveLina Pérez coa obra Ás oito da tarde, cando morren as nais, mentres que o X Manuel María de literatura dramática infantil recaeu en Paula Carballeira por Somos monstros.



Os galardóns, dotados con 6.000 euros cada un, fóronlles entregados por Jacobo Sutil, director da Agadic, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e Laura Tato, presidenta do xurado deste ano, que deu a coñecer o seu ditame o pasado 14 de novembro.