A Agadic presenta no OUFF a súa colaboración co Cineclube Padre Feijoo na extensión ourensa da programación do CGAI

A Agadic presenta no OUFF a súa colaboración co Cineclube Padre Feijoo na extensión ourensa da programación do CGAI
[04/12/2018]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, fixo hoxe balance da colaboración co Cineclube Padre Feijoo para o desenvolvemento da extensión ourensá da programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia. No marco da que é a quinta edición da iniciativa, este ano a Casa da Cultura da Biblioteca Pública Nodal acolleu unha vintena de proxeccións, agrupadas baixo o epígrafe Filmoteca dos luns, que rematarán o vindeiro día 10 co filme galego Vigo 1972, de Roi Cagiao.

Así o expuxo hoxe durante a presentación que tivo lugar no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) e na que tamén participaron Manuel Precedo, presidente da Asociación Cultural Cineclube Padre Feijoo; e Aurelio Gómez e Miguel Anxo Fernández, coordinadores técnico e artístico do OUFF, respectivamente. Na súa intervención, Sutil gabou o labor do cineclub ourensán a prol da difusión cinematográfica e enmarcou esta cooperación na liña de traballo que a Agadic vén desenvolvendo xunto á Federación Galega de Cineclubes, así como a través da programación do CGAI e do circuíto Cinemas de Galicia, entre outras accións.

-Cineclube Padre Feijoo