A Academia Galega do Audiovisual fai p˙blicos os proxectos e profesionais finalistas dos XVII Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual fai p˙blicos os proxectos e profesionais finalistas dos XVII Premios Mestre Mateo
[07/02/2019]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, asistiu este mediodía na Coruña ao acto de comunicación de finalistas dos XVII Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Os galardóns, que serán entregados nunha gala que terá lugar o 2 de marzo no Pazo da Ópera coruñés, contan para a súa organización co apoio económico da Xunta a través dun convenio de colaboración.

Ademais, dous filmes producidos con subvención da Agadic atópanse á cabeza na listaxe de proxectos máis votados: A sombra da lei, de Dani de la Torre, finalista en 15 categorías; e Trote, primeira longametraxe de Xacio Baño, con 15 candidaturas en 13 categorías. O sabor das margaridas, con oito candidaturas; Contou Rosalía, con sete; Land Rober Tunai Show e Versogramas, cada un con catro, son outros dos traballosque obtiveron maior apoio nesta primeira fase de votacións por parte dos membros das Academia Galega do Audiovisual.

-Academia Galega do Audiovisual