O director da Agadic re˙nese coa nova Coordinadora Galega de Festivais de Cinema Proxecta

O director da Agadic re˙nese coa nova Coordinadora Galega de Festivais de Cinema Proxecta
[08/02/2019]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, recibiu hoxe os representantes da xunta directiva da nova asociación profesional Proxecta, a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema que agrupa unha ducia de encontros audiovisuais. Na reunión, á que asistiron Ángel Sánchez (Play-Doc de Tui), presidente do colectivo; Manuel Pena (FIC Bueu), tesoureiro, e Sabela Mendoza, xerente, abordáronse diferentes temas de interese para este sector, así como as posibles liñas de colaboración e traballo conxunto a prol da difusión cinematográfica entre a Administración autonómica e as mostras e certames que integran a asociación.

A Agadic apoia directamente este tipo de eventos a través da súa convocatoria de subvencións a festivais galegos do sector, para a que o prazo de solicitude remata o vindeiro día 14. A súa dotación para 2019 é de 170.000 euros, contía que supón un incremento de más do 21% respecto ao ano anterior, continuando así coa liña ascendente que rexistra desde hai catro anos o orzamento reservado a estas axudas.

-Web de Proxecta
-Convocatoria de subvencións a festivais do sector audiovisual