FEST Galicia presÚntase na Ourense ICC Week como plataforma para promover o turismo musical a travÚs de festivais sostibles

  O director da Agadic avanzou na Semana das Industrias Culturais e Creativas que mañá se publicará no DOG a convocatoria de adhesión a esta marca da Xunta daqueles eventos que se celebren do 1 de xuño ao 30 de setembro de 2019

FEST Galicia presÚntase na Ourense ICC Week como plataforma para promover o turismo musical a travÚs de festivais sostibles
[04/04/2019]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou esta tarde na ICC Week de Ourense para presentar a marca FEST Galicia nun relatorio que a organización da Semana das Industrias Culturais e Creativas lle dedicou a esta iniciativa da Xunta, a través da que se busca promover o turismo musical seguindo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social.

Neste foro, Sutil avanzou que mañá venres o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará unha nova convocatoria de adhesión á marca para festivais que se celebren entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2019. Trátase dunha resolución conxunta entre a Agadic e Turismo de Galicia, que destina 350.000 euros a consolidar e impulsar a estratexia de colaboración que se iniciou o ano pasado, e inclúe tamén a achega económica da Secretaría Xeral de Igualdade para as accións relacionadas coa campaña Agresión OFF. Eu digo non á violencia sexual.
 
Este apoio materializarase en contratos de patrocinio coas empresas organizadoras dos festivais que cumpran cos requisitos especificados nas bases. Este ano, ademais, FEST Galicia vincularase estreitamente á promoción do Xacobeo 2021 no seu obxectivo común de favorecer o posicionamento e o fomento da industria cultural galega e de impulsar a proxección internacional de Galicia.
 
Proxecto transversal
Así o explicou o director da Agadic, quen afondou así mesmo na experiencia piloto desenvolvida arredor da marca en 2018. Neste sentido, incidiu na súa condición de proxecto transversal da Xunta de Galicia. O obxectivo conxunto é promover e favorecer un turismo musical sostible, liderado por festivais estratéxicos na nosa Comunidade, que funcionan de xeito profesional e que se preocupan por lle achegar un valor engadido á experiencia musical.
 
Así, PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz e WOS Festival son dez dos grandes festivais galegos que se adheriron á primeira temporada de FEST Galicia, acollendo nas súas edicións de 2018 unha serie de accións, obradoiros e campañas de sensibilización contra a violencia de xénero, de fomento do uso da lingua galega, de concienciación medioambiental ou de valores positivos para a xuventude, entre outras. Ademais, no ámbito da igualdade, apoiouse especificamente a programación musical con perspectiva de xénero e a incorporación de mulleres a todas as categorías profesionais.
 
-Ourense ICC Wek