O director da Agadic participa na presentación da trixésimo sexta edición da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

O director da Agadic participa na presentación da trixésimo sexta edición da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
[03/05/2019]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, interveu hoxe na presentación da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que desenvolverá a súa trixésimo sexta edición do 28 de xuño ao 6 de xullo en diferentes espazos interiores e exteriores da capital do Morrazo. Na rolda de prensa participaron, así mesmo, os representantes da organización do evento, promovido pola Asociación Cultural Xiria, e das diferentes entidades colaboradoras.

O responsable da Agadic cualificou esta cita como “un dos encontros máis importantes do calendario teatral do país”, cun longo percorrido no que, sen perder a súa finalidade como altofalante das propostas máis lúdicas e humorísticas, foi medrando en contidos artísticos, en apoios profesionais e institucionais, e en públicos cada vez máis fieis. “E por isto que desde a Xunta estamos moi satisfeitos polo apoio que lle vimos prestando a este modelo cultural participativo e tamén precursor de moitas accións e valores, como a atención especial ao papel das mulleres no teatro ou o emprego de insospeitadas localizacións exteriores, entre outros”, sinalou.

-Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas