O CGAI abre a s˙a ˙ltima carteleira de 2019 cun ciclo dedicado ao realizador mexicano Roberto Gavaldˇn

  O especial, que arranca mañá coa proxección de ĹLa barracaĺ, estenderase ata o 19 de decembro cunha escolma de sete dos títulos do que está considerado como un dos máximos representantes do cinema do seu país dos anos 50 e 60

  Neste bimestre, a cinemateca tamén programa retrospectivas sobre os italianos Rino Lupo e Franco Piavoli e sobre o cinema experimental dos australianos Arthur e Corinne Cantrill, ademais de continuar o seu percorrido pola filmografía de Hitchcock

O CGAI abre a s˙a ˙ltima carteleira de 2019 cun ciclo dedicado ao realizador mexicano Roberto Gavaldˇn
[04/11/2019]
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia) da Consellería de Cultura e Turismo arranca mañá a súa última carteleira bimestral de 2019 co primeiro dos sete filmes do ciclo que lle dedica ao realizador Roberto Gavaldón, considerado un dos máximos representantes do cinema mexicano dos anos 50 e 60 do pasado século.

La barraca, adaptación da novela de Vicente Blasco Ibáñez, foi o seu debut na dirección e o filme elixido pola cinemateca galega para abrir este especial cunha sesión dobre, ás 18,00 e ás 20,30 h. O programa inclúe, así mesmo, algunhas das súas películas máis sobranceiras, como La otra (7 de novembro), Rosauro Castro (19 de novembro), La diosa arrodillada (21 de noviembre), El rebozo de la soledad (3 de decembro), En la palma de tu mano (10 de decembro) e Macario (19 de decembro), ademais de Don Quijote cabalga de nuevo, película rodada en España con Fernando Rey no papel de Don Quijote e Mario Moreno Cantinflas  no de Sancho Panza (10 de decembro).
 
Carmiña, flor de Galicia
Pola súa banda, Italia é o común denominador doutros tres especiais que o CGAI preparou para esta recta final do ano. En primeiro lugar, co ciclo que lle dedica a Rino Lupo, cineasta de orixe italiana que, porén, desenvolveu a súa carreira no cinema mudo en diferentes países europeos. O Centro Galego de Artes da Imaxe, en colaboración coa Cinemateca Portuguesa, centrarase nos traballos que realizou no país veciño: Os lobos (1923) e Mulheres da beira (1923), ademais de amosar o remake desta última película que, baixo o título Carmiña, flor de Galicia, rodou en diferentes localizacións da provincia de Pontevedra e de Portugal. Lupo é igualmente o obxecto do documental que será presentado polo seu director, Pedro Lino, o 14 de novembro.
 
Franco Piavoli é o outro realizador italiano incluído na carteleira, neste caso en colaboración co Festival Internacional de Cine de Gijón. Do autor lombardo pasaranse na Coruña oito títulos que ofrecen un percorrido que vai de 1982 a 2009, dando conta do interese deste autor por falar do universal desde o máis íntimo e pola exaltación da vida.
 
Ademais, dentro do programa Imaxes para a memoria, o Centro Galego das Artes da Imaxe amosará por vez primeira os documentais producidos pola Italia de Mussolini sobre a Guerra Civil Española. Na primeira das catro sesións previstas (21 de novembro), inclúese tamén a presentación do libro que sobre este tema escribiu a profesora Daniela Aronica.
 
O cine de paisaxe característico dos cineastas experimentais australianos Arthur e Corinne Cantrill e a continuación do exhaustivo percorrido pola filmografía de Hitchcock, que a cinemateca galega está a ofrecer nos últimos meses, son outros dos apartados destacados deste bimestre, xunto coas habituais seccións Off GaliciaFóra de serieDesencadres-Stan BrakhageFilmoteca Española presenta e o ciclo Pensando en cine, pensando en Galicia, nesta caso cunha película elixida pola escritora e xornalista Ana Romaní.
   
-CGAI