A nova temporada da Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrece 328 actuaciˇns e 18 estreas ata xu˝o

  O circuíto que promove a Xunta en colaboración con 45 espazos escénicos de toda Galicia arranca mañá en Lugo a súa programación semestral co espectáculo de danza ĹMercedes mais euĺ, protagonizado por Janet Novás e Mercedes Peón

  A Consellería de Cultura e Turismo e as entidades locais asociadas suman un orzamento de 1 millón de euros para financiar as funcións das 111 formacións artísticas contratadas neste primeiro período anual

  Elefante Elegante, Galeatro, Ibuprofeno, Pérez&Fernández, Redrum, Teatro do Atlántico e Teatro do Noroeste son algunhas das compañías con estreas previstas dentro da rede

A nova temporada da Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrece 328 actuaciˇns e 18 estreas ata xu˝o
[09/01/2020]
A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) reinicia a súa actividade coa posta en marcha da súa primeira carteleira semestral de 2020, que ata o mes de xuño lle ofrecerá ao público galego 328 actuacións escénicas e musicais en 45 escenarios de 40 localidades. A primeira delas será a que protagonizarán a coreógrafa e bailarina Janet Novás e a música Mercedes Peón mañá venres, ás 20,30 h., no Auditorio Gustavo Freire de Lugo co espectáculo de danza Merecedes máis eu (na imaxe), inserido á súa vez no ciclo Lugo en Danza.

A Xunta é a impulsora da RGTA, que xestiona a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura e Turismo, e cofinancia xunto coas entidades locais xestoras dos seus espazos asociados, aos que este ano se suma por vez primeira o Auditorio de Goián, en Tomiño.
 
Estreas en rede
O orzamento do circuíto para este primeiro período de programación anual é de 1 millón de euros, que se destina a financiar as actuacións das 111 formacións artísticas contratadas, galegas na súa meirande parte. Dezaoito delas estrearán, ademais, os seus novos espectáculos no seo da Rede Galega de Teatros e Auditorios, para os que –en moitos dos casos– contaron con subvención autonómica a través da última convocatoria de axudas á creación escénica.
 
A primeira destas estreas de títulos subvencionados será a de Carabela, de Galeatro, que terá lugar o 19 de xaneiro no Pazo da Cultura de Carballo como parte da nova programación que será presentada esta mesma tarde en rolda de prensa coa asistencia do director da Agadic, Jacobo Sutil.
 
Seguiranlle O candil, de Escola Galega de Teatro Musical (24 de xaneiro no Fórum Metropolitano da Coruña); Omel non caduca, de Ibuprofeno Teatro (31 de xaneiro no Teatro Principal de Santiago); As virxes salvaxes, de Teatro do Noroeste (15 de febreiro no Auditorio Municipal de Vilagarcía); A conquista da escola Madhubai, de Teatro do Atlántico (28 de febreiro no Pazo da Cultura de Narón); Dreaming Juliet, de Elefante Elegante (20 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña); Pika, de Cinema Sticado (21 de marzo no Auditorio Municipal de Cangas); Osnenos da varíola (22 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense); O mozo da última fila, de Redrum Teatro (16 de abril no Principal de Santiago), e Thesaurus, de Ánxela Blanco (25 de abril no Teatro Rosalía da Coruña).
 
Circuíto profesional
Con máis de vinte anos de traxectoria ininterrompida, a Rede Galega de Teatros e Auditorios é un dos principais circuítos para a exhibición da produción escénica galega de carácter profesional, ademais de ofrecer tamén concertos de música. Ao longo de 2019 acolleu 554 actuacións en espazos de 39 concellos.
 
A súa nova programación pode consultarse nas seccións de axenda dos webs de Cultura da Xunta e da Agadic.