A Rede Galega de Teatros e Auditorios contrib˙e ß programaciˇn de artes escÚnicas de Santiago con 19 funciˇns de 10 compa˝Ýas

  Intégranse na nova carteleira presentada hoxe no Teatro Principal, que ofrece 27 espectáculos tanto neste espazo como no Auditorio de Galicia

  O circuíto da Xunta, impulsado por Cultura e Turismo en colaboración coas entidades locais asociadas, acollerá ata xuño 328 actuacións en 40 localidades

A Rede Galega de Teatros e Auditorios contrib˙e ß programaciˇn de artes escÚnicas de Santiago con 19 funciˇns de 10 compa˝Ýas
[15/01/2020]
A nova programación A Escena! de Santiago presentouse hoxe no Teatro Principal con 27 espectáculos en cartel, dos que 10 se exhibirán na xidade a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), o circuíto de exhibición que a Consellería de Cultura e Turismo promove a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e en colaboración coas entidades locais xestoras dos seus 45 espazos asociados.

No caso de Compostela, durante esta primeira metade do ano serán 19 as funcións das devanditas 10 compañías –todas elas galegas– que se desenvolverá no Teatro Principal como un dos escenarios adscritos á RGTA. Así o explicou o director da Agadic, Jacobo Sutil, na presentación da carteleira escénica do Concello, que se estende tamén ao Auditorio de Galicia.
 
Xunto con el, participaron no acto Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural; Xosé Luis Penas, deputado da Deputación da Coruña; Xaquín López, director-xerente do Auditorio de Galicia; e unha representación dos equipos artísticos de O montacargas, que poderá verse mañá día 16 e o venres 17, de Ainé Produción & Acusamaser Opus, así como das tres estreas programadas: Spotlight (5 de marzo), de Can Cun Quinqué; O mel non caduca (31 de xaneiro e 1 de febreiro), de Ibuprofeno Teatro, e O mozo da última fila (16 e 17 de abril), de Redrum Teatro, as dúas últimas tamén a través da Rede.
 
Variedade e calidade da produción galega
Para o responsable da Agadic, cada unha das citas galegas desta oferta “contribúe a percibir a nosa produción escénica actual como un sistema creativo cheo de variedade e de calidade”. Neste sentido, Sutil detallou  algunhas das características destacadas das propostas que achega a Rede ao programa A Escena!, comezando por O montacargas, que ofrece unha revisión da obra do Nobel Harold Pinter desde unha óptica galega, con dirección de Evaristo Calvo e as interpretacións de Federico Pérez e Santi Romay.
 
Ademais desta produción e das dúas devanditas estreas, nesta relación de espectáculos figuran O electo, dentro da ampla xira que está a desenvolver Contraproducións; Medida  medida, coa que Producións Teatrais Excéntricas volve a Shakespearea reivindicación da lingua por Volta e Dálle en Falar por falar; o teatro familiar de Xampatito Pato; o canto á vida de Liberto, de Marelas Producións, ou A conquista da Escola de Madhubai, que estes días está a ensaiar Teatro do Atlántico.
 
Circuíto profesional 
A Rede Galega de Teatros e Auditorios é un circuíto de programación escénica que leva funcionando de xeito continuado desde 1996. Trátase do principal mercado interior para as propostas escénicas galegas producidas de xeito profesional e conta cun orzamento para este primeiro semestre dun millón de euros, que asumen a Consellería de Cultura e Turismo e as entidades locais asociadas.
 
Esta primeira carteleira de 2020 achegaralles aos espectadores de 40 localidades das catro provincias 328 actuacións de teatro, danza, música, maxia e circo a cargo de 111 formacións artísticas, galegas na súa meirande parte.
 
A súa programación pode consultarse en www.agadic.gal/Axenda e en www.cultura.gal/gl/axenda.