O director da Agadic re˙nese co novo presidente da Asociaciˇn Galega de Produtoras Independentes (Agapi)

O director da Agadic re˙nese co novo presidente da Asociaciˇn Galega de Produtoras Independentes (Agapi)
[04/02/2020]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, recibiu hoxe o presidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), Felipe Lage, quen encabeza a nova xunta directiva elixida o pasado novembro para estar durante dous anos á fronte deste colectivo.


Na reunión, que se celebrou na sede da Agadic na Cidade da Cultura de Galicia, tratáronse accións en curso e colaboracións futuras entre as dúas entidades, ademais de servir para a presentación formal de Felipe Lage (Zeitun Films) como principal representante da Agapi, asociación que acaba de celebrar o seu 25º aniversario ao servizo do sector audiovisual galego. Completan o seu actual órgano directivo José Luis Ledo (Nós Produtora Cinematográfica Galega), como vicepresidente; Luisa Romeo (Frida Films), como secretaria; Andrea Vázquez (Miramemira), como tesoureira; e os vogais Daniel Froiz (Matriuska Producciones), Dolores Ben (Cinemar Films), J. Antonio Velo (Astrágalo Studio), Ignacio Vilar (Vía Láctea Filmes) e Jesús Manuel López Cernadas (Tex45).