A Rede Galega de Teatros e Auditorios coordinada pola Xunta contrib˙e a oferta cultural de Vigo con 30 actuacions escÚnicas

  A Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Vigo cofinancian esta programación, que arranca mañá no Auditorio Municipal coa primeira das dúas funcións do espectáculo teatral ĹA compañeira de pisoĺ

  O circuíto, que desenvolve dous períodos de programación ao ano, acollerá ata xuño as propostas de teatro, novo circo e danza de 18 compañías, a meirande parte delas galegas

 A Rede Galega de Teatros e Auditorios coordinada pola Xunta contrib˙e a oferta cultural de Vigo con 30 actuacions escÚnicas
[06/02/2020]
A programación viguesa da Rede Galega de Teatros de Auditorios, circuíto promovido pola Xunta xunto a 45 espazos asociados en toda Galicia, arranca mañá ás 21,00 h. no Auditorio Municipal con A compañeira de piso, de Contraproducións. Esta será a primeira das 30 actuacións de teatro, novo circo de danza que configuran a oferta en rede de Vigo neste primeiro período de programación anual, coa participación de 18 compañías de teatro, danza e circo, galegas na súa meirande parte.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o concelleiro de Cultura da cidade olívica, Abel Losada, asinaron hoxe na Cidade da Cultura de Galicia o convenio no que se detalla a actividade deste semetre, cofinanciada pola Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Vigo.
 
O teatro, tanto para público infantil como para o adulto, é predominante nesta carteleira, de xeito que tras a representación de A compañeira de piso, que tamén se poderá ver o sábado á mesma hora, o Auditorio Municipal recibirá os espectáculos Crónicas do paraíso, de Sarabela Teatro (14 de febreiro); O libro da selva, de Teatro Avento Producións (16 de febreiro); Bernarda, de Malasombra Producións (21 de febreiro); Arlequina, de Os Monicreques de Kukas (23 de febreiro); Liberto, de Marelas Producións (28 de febreiro); Jauría, de Kamikaze Producciones (13 de marzo); Lambetadas, de Talía Teatro (15 de marzo); O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro (20 de marzo); Medida x medida, de Producións Teatrais Excéntricas (17 de abril), e Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva, de Olivas (18 de abril), así como as seis accións escénicas que ofrecerán as compañías Teatro En Punto e Teatro En-Trance os días 6 e 7 de marzo coas súas respectivas pezas: Margarita Pulso.
 
Danza e novo circo
Pola súa banda, as propostas coreográficas chegarán a esta carteleira da man de Aracaladanza con Play (1 de marzo), Pistacatro Produtora de soños con ALMA (non é hippie) (24 de abril) e Caramuxo Teatro con Catro (26 de abril). En canto ao circo, Galitoon escenificará o vindeiro 9 de febreiro The Show Moscón, mentres que Pistacatro presentará Y ahora qué? o 23 de marzo.
 
A Rede Galega de Teatros e Auditorios é un circuíto de programación escénica que leva funcionando de xeito continuado desde 1996. Trátase do principal mercado interior para as propostas escénicas galegas producidas de xeito profesional e conta cun orzamento para este primeiro semestre dun millón de euros, que asumen a Consellería de Cultura e Turismo e as entidades locais asociadas.
 
Esta primeira carteleira de 2020 achegaralles aos espectadores de 40 localidades das catro provincias 328 actuacións de teatro, danza, música, maxia e circo a cargo de 111 formacións artísticasp.
 
A súa programación pode consultarse en www.agadic.gal/Axenda e en www.cultura.gal/gl/axenda.