A Xunta reúne as salas da Rede Galega de Música ao Vivo para preparar a nova temporada do circuíto

A Xunta reúne as salas da Rede Galega de Música ao Vivo para preparar a nova temporada do circuíto
[11/02/2020]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) reuniuse cos responsables das salas asociadas este ano á Rede Galega de Música ao Vivo, tras a convocatoria pública que se resolveu o pasado mes de xaneiro, para afondar en diferentes aspectos organizativos cara á nova programación para 2020 deste circuíto da Xunta de Galicia.

No encontro, que tivo lugar na Cidade da Cultura, presentáronse as salas Aturuxo de Bueu, Ruído de Ferrol, Sete Flores do Carballiño e Auriense de Ourense como as catro novas incorporacións respecto a 2019. Especificáronse, ademais, os prazos de programación cos que contan os responsables dos 20 locais adheridos para deseñar as súas carteleiras a partir do catálogo de artistas e grupos inscritos na Rede Galega de Música ao Vivo. Este debe formalizarse ata o 19 deste mes a través da web galescena.gal, que a Agadic pon a disposición tanto dos espazos programadores como das formacións artísticas para a xestión dos seus circuítos profesionais de escena e música.