O ciclo Xacobeo Importa inicia a s˙a nova ediciˇn con nove concertos confirmados ata finais de maio

  Monster Magnet e Tindersticks actúan mañá e o domingo en Santiago e Vigo, respectivamente, dentro da programación organizada por Sweet Nocturna co apoio da Xunta, que este ano adapta o seu título cara á celebración do Xacobeo 2021

  A carteleira inclúe tamén a The Bellrays, The Cat Empire, Ash, Michael Kiwanuka, Bebel Gilberto, JC McPherson e Jordan Mackampa

O ciclo Xacobeo Importa inicia a s˙a nova ediciˇn con nove concertos confirmados ata finais de maio
[20/02/2020]
A Xunta colabora un ano máis co ciclo de concertos Galicia Importa, renomeado na súa novena edición como Xacobeo Importa no marco das actividades culturais previas á celebración do Xacobeo 2021. A nova temporada desta programación, organizada pola promotora galega Sweet Nocturna co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, arranca con nove concertos ata finais de maio que configuran unha proposta heteroxénea e de gran calidade artística.

A primeira destas citas será a que protagonizará mañá venres, ás 22,00 h., na Sala Capitol de Santiago de Compostela a banda norteamericana de stoner rock Monster Magnet, na que é a súa primeira visita a Galicia. O concerto de mañá insírese na súa xira europea Powertrip A Celebration! Plus Much More... na que o grupo orixinario de New Jersey está a celebrar o vixésimo aniversario do seu maior éxito discográfico.
 
Este mesmo fin de semana terá lugar en Vigo a segunda das actuacións desta nova edición, que correrá a cargo dos británicos Tindersticks no Auditorio Afundación. A programación inclúe outras sobresaíntes figuras do panorama musical internacional en moi diferentes estilos, como The Bellrays (22 de marzo na SalaSon de Cangas), The Cat Empire (25 de marzo na Sala Capitol de Santiago), Ash (5 de abril, tamén na Capitol), Michael Kiwanuka (10 de maio no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo), Bebel Gilberto (15 de maio no Teatro Afundación de Vigo), JD McPherson (26 de maio na sala Masterclub de Viho) e Jordan Mackampa (30 de maio no Vello Cárcere de Lugo).
 
Do mesmo xeito que no anterior Xacobeo 2010, o ciclo adapta o seu nome á celebración do de 2021 afondando no seu obxectivo orixinario: achegarlle ao público galego os directos de destacados nomes da música nun formato especial e máis próximo, como alternativa a eventos musicais de carácter máis masivo.
 
Con oito edicións anteriores e máis de 40 concertos celebrados, a súa aposta pola descentralización e desestacionalización conseguiu situar Galicia no calendario das xiras europeas de artistas do talle de Joan Baez, Alice Cooper, Yo la tengo, Teenege Fan Club, Interpol ou St. Etienne, entre moitos outros.