'Vive Nigrán' abre a temporada FEST Galicia 2020, que este verán acolle 13 festivais de música co apoio da Xunta

'Vive Nigrán' abre a temporada FEST Galicia 2020, que este verán acolle 13 festivais de música co apoio da Xunta
[17/07/2020]
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo, Jacobo Sutil, visitou este mediodía os preparativos da montaxe do festival Vive Nigrán, o primeiro en celebrarse dos 13 que conforman o programa FEST Galicia para 2020 e que contan cun apoio económico de 400.000 euros por parte Xunta para os concertos e accións que levarán a cabo durante todo o verán.

Acompañado por Juan Rivas, director do festival, Jacobo Sutil percorreu o novo recinto do evento nas pistas de tenis das dunas de Gaifar, próximo a Praia América, no que hoxe pola tarde e maná sábado se desenvolverá Vive Nigrán 2020 Picnic-Club Edition coa Xunta de Galicia como principal patrocinadora. Será un formato reducido e adaptado á nova realidade, cos recitais de Annie B. Sweet e Rufus T. Firefly, e outras actividades. Ademais do Vive Nigrán, forman parte de FEST Galicia este ano Sinsal Litoral SON Estrella GaliciaFestival 17º Ribeira SacraMicroSonRíasAtlantic Fest/FestGalicia Xacobeo 2021Resurrection Fest 2020 Online EditionRevenidas en conservaWOS Talks X FEST GaliciaCantos na Maré/Compostela na MaréUnderfest SON Estrella GaliciaFestival de la luz/Reencientros de la luzNoites de Caudal e PortAmérica/Talento galego para levar

-Web de Vive Nigrán
-Web de FEST Galicia