A Xunta subvenciona 13 dos principais festivais galegos do sector audiovisual con preto de 200.000 euros, un 11% mßis que en 2019

  A Consellería de Cultura e Turismo publicou hoxe na web da Agadic a relación dos proxectos apoiados e as contías concedidas ao abeiro destas axudas

  As bases deste ano reformuláronse no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico para facilitarlles aos solicitantes o cumprimentos dos requisitos ante a situación provocada pola covid-19

  Play-Doc, Festival de Cans, Carballo Interplay, Curtocircuíto, (S8), FICBUEU, Novos Cinemas, Semana de Cine de Lugo, MICE, Primavera do Cine, Festival de Cine Inclusivo, Vía XIV de Verín e Galician Freaky Film Festtival son os beneficiarios

A Xunta subvenciona 13 dos principais festivais galegos do sector audiovisual con preto de 200.000 euros, un 11% mßis que en 2019
[30/07/2020]
Trece dos principais festivais galegos do sector audiovisual son os adxudicatarios en 2020 das subvencións que a Xunta convoca cada ano para este tipo de certames. Entre eles, distribúense os 190.000 euros cos que a Consellería de Cultura e Turismo dotou estas axudas, que experimentaron un incremento do 11% respecto a 2019.

Na relación de beneficiarios, publicada hoxe na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), figuran o Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, Festival de Cans no Porriño (na imaxe), Festival Carballo Interplay, Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto de Santiago de Compostela, (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, FICBUEU Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, Semana de Cine de Lugo, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego (Santiago), Festival Primavera do Cine en Vigo e Festival de Cine Inclusivo de Vigo, así como outros dous encontros que se incorporan por vez primeira a esta listaxe: Festival Internacional de Curtametraxes de Verín Vía XIV e Galician Freaky Film Festival de Vigo.
 
En concreto, adxudicáronse 31.944 €á 16ª edición do Play-Doc, 28.985 €ao XVII Festival de Cans, 23.790 €ao VII Carballo Interplay, 23.155 €ao 17º Curtocircuíto, 23.013 €á undécima edición da mostra (S8), 20.7478 €ao XI FICBUEU, 11.359 €ao IV Novos Cinemas, 8898 €á 42ª Semana de Cine de Lugo, 7092 € á XV MICE, 3440 €ao IX Primavera do Cine, 3063 €ao V Festival de Cine Inclusivo de Vigo, 2772 € ao cuarto Vía XIV de Verín e 1741 €áterceira entrega do Galician Freaky Film Festival.
 
Adaptación das bases no Plan de reactivación
Ademais do seu incremento orzamentario, que consolida a tendencia ascendente desta liña de apoio desde a súa creación hai seis anos, a convocatoria de subvencións a festivais audiovisuais 2020 modificou as súas bases para adaptalas á situación derivada da crise sanitaria e facilitarlles aos solicitantes o cumprimento dos requisitos inicialmente esixidos.
 
Os cambios, publicados no Diario Oficial de Galicia o pasado día 17, responden ao diálogo mantido coa coordinadora de festivais audiovisuais Proxecta no marco das conversas coas principais entidades e asociacións culturais galegas para a elaboración do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico. Así, ampliouse ata o 30 de novembro de 2020 o prazo de celebración dos eventos, que na meirande parte dos casos víronse obrigados a reprogramar as súas edicións, e admítese expresamente a posibilidade da súa celebración  en liña.
 
Tamén se incrementou de 60 a 80 a porcentaxe máxima da subvención cando a adxudicataria é unha entidade privada e se incluíron entre os gastos subvencionables os incorridos anteriormente e non recuperables como consecuencia do estado de alarma decretado pola covid-19, entre outras modificacións.
 
Deste xeito, búscase reforzar o apoio da Xunta aos festivais galegos de cine de carácter profesional, recoñecéndolles o seu interese estratéxico para o sector polo seu labor de difusión nos diferentes xéneros e formatos audiovisuais nos que están especializados: documentais, curtas, cinema experimental, etnográfico etc.

-Máis información