O CGAI retoma a s˙a actividade de exhibiciˇn cunha carteleira protagonizada polo cinema feito por e para mulleres

  Continúa así cos ciclos que tiveron que ser adiados a pasada primavera por mor do estado de alarma, ademais de incorporar novas citas en colaboración cos festivais de Cans, Diversidarte e (S8)

  Atendendo ás medidas de control sanitario, a Filmoteca de Galicia está a desenvolver unha sesión diaria gratuíta de martes a sábados, limitando a capacidade da súa sala de proxeccións para o mantemento da distancia de seguridade

O CGAI retoma a s˙a actividade de exhibiciˇn cunha carteleira protagonizada polo cinema feito por e para mulleres
[08/09/2020]
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) retoma a exhibición cinematográfica na súa sala da Coruña cunha carteleira na que o cinema feito por e para mulleres centra a meirande parte das 20 sesións programadas durante este mes na cinemateca da Xunta de Galicia. Dáselle continuidade, deste xeito, aos ciclos que tiveron que ser adiados a pasada primavera por mor do estado de alarma, ao tempo que se incorporan novas achegas en colaboración cos festivais de Cans, Diversidarte e (S8) Mostra de Cinema Periférico.

Entre os especiais de setembro, atópase por exemplo o ciclo Pioneiras do cine, a través do que o CGAI busca recuperar do esquecemento as cineastas dos inicios do cinema e da industria hollywoodiense, onde o seu papel foi menos recoñecido que na animación ou no ámbito experimental. Os filmes de Lois Weber, coa proxección esta tarde de The Blot (1921), Ruth Ann Balwin e Mabel Normand o día 16, e Alice Guy Blaché o 23 de setembro protagonizan esta primeira quenda da serie, que a filmoteca galega continuará desenvolvendo durante os vindeiros meses.
 
‘Women Make Film’
Esta aproximación ás miradas femininas no cinema inclúe a serie documental Women Make Film, de Mark Cousins, que consta de 40 capítulos nos que se empregan exclusivamente secuencias rodadas por mulleres para abordar moi diferentes preguntas arredor do oficio cinematográfico: como se fai un bo plano de apertura, como se encadra unha imaxe, como se presenta unha personaxe, como se roda o sexo, a danza ou a morte, como se representan o traballo e o amor no cine, ou como funcionan os xéneros como a comedia, o melodrama ou a ciencia ficción, entre outras. O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta este mes unha primeira quenda de capítulos, agrupados en catro sesións que teñen lugar os sábados, ás 18,00 h.
 
Tamén Fóra se serie, unha das seccións habituais da filmoteca conta desta volta cunha destacada presenza feminina, que nas vindeiras semanas lle achegará ao público traballos como Dios se llama mujer y se llama Petrunya, de Teona Strugar Mitevska, o día 15; Familia sumergida, de María Alché, o día 17, e Una gran mujer (Beanpole), de Kantemir Bagalov, o día 22, ademais do Oso de Oro da Berlinale de 2019: Sinónimos, de Nadav Lapid.
 
O CGAI acollerá unha serie de sesións centradas en festivais galegos, como as dúas que lle dedicará este xoves 10 e o venres 11 á sección oficial do recente Festival de Cans do Porriño. Grazas a esta colaboración, poderá verse na Coruña a flamante triunfadora do certame: Xoves de comadres, de Noemí Chantada, xunto con Mare, de Guille Vázquez; Mentres iso pasa, de Nacho Ozores; Season, de Giovanna Lopalco; Blacks or Whites, de Anita Pico; 16 de decembro, de Álvaro Gago; El gran Corelli, de Abel Carbajal; Conte trencat, de Miguel Gago; Papá, por que quitas a música, de Ariadna Cordal; Reality, de David Fidalgo; Badaladas de amor e morte, de IriaAres;  Todo el mundo se parece de lejos, de Rafa de losArcos, e Hijos del cuerdo, de Borja Santomé Rodríguez.
 
Ademais, a sección Diversimacine do Festival das Artes Inclusivas Diversidarte, organizado pola asociación Poten100mos, e a Mostra de Cinema Periférico (S8) desenvolverán catro sesións no marco da carteleira de setembro: os días 18 e 25 de setembro no primeiro caso, e o 29 e 30 no segundo.
 
Novos horarios e capacidade
A nova programación vén marcada polo protocolo de seguridade para a aplicación das medidas de control sanitario vixentes na Coruña. Así, o CGAI adiantou o seu habitual inicio da temporada de proxeccións para concentrar as proxeccións nunha única sesión diaria, que se desenvolverá ás 19,30 h. de martes a venres e ás 18,00 h. os sábados.
 
Tamén como novidade, a entrada será gratuíta para todos os pases e a capacidade da sala limítase neste momento ao 50 por cento, anulando unha de cada dúas butacas para o mantemento da distancia de seguridade.
 
-CGAI