A Xunta avanza en Culturgal as li˝as da s˙a programaciˇn para o ano 2021 co obxectivo de que a cultura siga de xeito seguro

  O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o de Política Lingüística, Valentín García, inciden na necesidade de fomentar a produción e estimular a participación

  Susana Seivane e Luar na Lubre ofrecen dous concertos impulsados polo Goberno autonómico ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

  As actividades continuarán mañá coa axenda da Cidade da Cultura e a proxección de ĹPontevedra, cuna de colón... coa súa cor!ĺ no Espazo Cinema

 A Xunta avanza en Culturgal as li˝as da s˙a programaciˇn para o ano 2021 co obxectivo de que a cultura siga de xeito seguro
[28/11/2020]
A Xunta de Galicia volve a estar presente un ano máis como patrocinador principal en Culturgal, a gran cita das industrias culturais que celebra desde onte a súa 13ª edición con máis de 70 propostas culturais nos ámbitos da música, escena, literatura, arte e ciencia. Trátase dunha edición marcada pola crise sanitaria que se leva a cabo adaptándose ás restricións sanitarias a través dunha ambiciosa retransmisión en liña que busca abrirse a un público máis numeroso.

No marco da programación prevista para hoxe, o Goberno galego, ofrece un avance da súa programación cultural para o vindeiro ano. Neste sentido, o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o de Política Lingüística, Valentín García, inciden na necesidade de fomentar a produción cultural nas súas diversas vertentes, así como de estimular a oferta e a participación social. Precisan que a Consellería de Cultura traballa xa na configuración de máis de mil eventos que van desde exposicións, espectáculos, concertos e proxeccións ata obradoiros, festivais e congresos.

O obxectivo da Xunta neste sentido é claro: que a cultura siga de xeito seguro, para o que os orzamentos recollen un 27,4% máis de investimento en 2021 no eido cultural, dando así continuidade ás medidas do Plan de Reactivación. Nesta liña, os representantes autonómicos explican que tamén se levarán a cabo programas de dinamización cultural no ámbito da lectura, do audiovisual, das artes escénicas e musicais, así como das artes plásticas da proxección exterior da cultura galega.

Ademais da programación cultural, no marco de Culturgal, abórdanse os retos da cultura dixital e da cooperación entre Galicia e a cultura lusófona a través dos programas Nortear, aRi[t]mar e diversas actividades que se levan a cabo por medio do sistema educativo e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). No eido lingüístico, a xornada inclúe igualmente as obras e proxectos Chegar a Galicia, chegar ao mundo ou Unha xustiza en diálogo co país. Conversas con Carlos Varela, ademais do programa de dinamización para profesorado e alumnado 21 días con O galego e +.

Música e teatro en galego
Durante a axenda de hoxe, o Pazo da Cultura tamén é o escenario de diversos espectáculos e actuacións impulsadas ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia. Concretamente, hoxe sábado o espazo de Culturgal acolle os concertos de Susana Seivane (18,30h.), Luar na Lubre (20,30h.) e o espectáculo teatral Sofía Unipersonal, de Inversa Teatro (21,00 horas).

As actividades continuarán mañá coa presentación da programación da Cidade da Cultura, un foco imprescindible nesta pandemia, co festival Escenas do Cambio ou as exposicións Galicia, de Nós a nós e As miradas de Isaac. Ademais, no Espazo Cinema, proxectarase a versión polícroma restaurada do documental de 1927 Pontevedra, cuna de Colón, peza de Enrique Barreiro pioneira na experimentación para dotar de cor a imaxe cinematográfica. A programación dominical tamén inclúe o concerto de Os d’Abaixo (20,00h.) e o espectáculo Ópera Break’s, de Vella Escola (19,15 h.).

Accesible desde a casa
Culturgal 2020 estrutúrase arredor de catro espazos no Pazo da Cultura e no Teatro Principal de Pontevedra: Cinema, Foro, Escena e Libro, dos que os tres últimos son accesibles para o público desde as súas casas a través das súas respectivas canles na páxina cultur.gal e en YouTube. En canto á asistencia presencial, para garantir o acceso é preciso retirar previamente o convite na web do evento.  Pola súa banda, os concertos poderán ser seguidos desde o Auditorio do Pazo da Cultura a través da Canle Escena, mentres que o espazo Cinema é o único no que o acceso do público será exclusivamente presencial. Nel proxéctanse títulos recentes do audiovisual galego, a meirande parte deles producidos con subvención da Xunta de Galicia, como A illa das mentiras, Arima, Longa noite, A media voz ou Ons.